PRAZO DE EXPOSICIÓN DO CENSO ELECTORAL PARA AS PRÓXIMAS ELECCIÓNS XERAIS
Ante a convocatoria de eleccións a Cortes Xerais o próximo 10 de novembro de 2019, no Concello poderá consultarse do 30 de setembro a 7 de outubro do 2019 de 9.00 h a 14.00 horas, o censo electoral e a relación de mesas e colexios electorais.
Dentro do prazo indicado, calquera persoa pode formular reclamacións sobre os seus datos censais. As reclamacións poderán presentarse na Delegación Provincial da Oficina do Censo ou no propio Concello.
A consulta do censo electoral deberá levarse a cabo de forma presencial, polo propio interesado/a, acreditándose mediante DNI, pasaporte, ou permiso de conducir no que apareza a fotografía do titular.