Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

OBRADOIRO DE INICIACIÓN SOBRE DEMENCIAS E ALZHEIMER NO CENTRO SOCIAL DE SAN ROQUE

A Concellería de Igualdade do Concello de Ortigueira organiza o vindeiro día 23 de setembro no Centro de Participación de San Roque un “Obradoiro de iniciación sobre demencias e Alzheimer” para o que hai que se inscribir no Centro de Información á Muller.

A iniciativa organízase en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns e a Axencia do Coñecemento en Saúde da Consellería de Sanidade e hai disponibles 25 prazas.

O obradoiro, cunha duración de catro horas, ten como obxectivos mellorar a información e comprensión do Alzheimer tanto por parte dos doentes como das súas familias e da cidadanía en xeral; proporcionar ás persoas coidadoras as habilidades necesarias para mellorar a calidade de vida no ámbito familiar; e fomentar a autonomía de todos os membros da familia.

Back to top