Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ENTREGADOS OS PREMIOS DO I OPEN DE TENIS CLUB DE LOIBA

O Concello de Ortigueira dá a coñecer os resultados do I Open de Tenis Club de Loiba, que se disputou nas dúas últimas fins de semana nesta parroquia.

Os gañadores foron:

  • Categoría absoluto: José Antonio Quelle (campión) e Celso Maciñeira (subcampión).
  • Categoría dobres absoluto: Adrián López e Carlos Casás (campións) e Miguel Rubiños e David Prieto (subcampións).
  • Categoría Infantil: Tomás José Yáñez (campión) e Jorge Varela (subcampión).
  • Categoría Benxamín: Álex Sande (campión) e Iván Otero (subcampión).

Ademais fíxose entrega dun premio especial á deportividade, que foi para Álex Sande e Vega Romero. Ao acto asistiu o concelleiro de Deportes, Ángel Lozano.

Back to top