DERRUBAN PARTE DA BALAUSTRADA DO PASEO DE ESPASANTE
A balaustrada do miradoiro do porto de Espasante, no Concello de Ortigueira, apareceu esta mañá con varias das súas partes derrubadas como consecuencia dun acto vandálico. O concelleiro de Obras, Juan Cao, expresou o seu malestar por este suceso e pediu a colaboración cidadá para tentar atopar aos seus responsables. Lembrou ademais a importancia de coidar o mobiliario urbano, que é propiedade de todos e todas e que custa moito reparar.
A zona xa está valada para evitar caídas.