Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

EN MARCHA A RENOVACIÓN DO PAVIMENTO DAS PISTAS DE PÁDEL DA ZONA DA PREGUIZA

Tal e como estaba previsto, comezaron as obras de renovación do pavimento das pistas de pádel descubertas da zona da Preguiza e, consecuentemente, as instalacións permanecerán pechadas ata o vindeiro venres, 2 de agosto.

O total dos traballos que se acometerán terá un custo de 13.000 euros, sufragado integramente con fondos municipais. Consistirán na instalación dun pavimento Mondo Flex, para substituír ao actual, que chegou ao final da súa vida útil polo uso. Ademais repararanse as lousas de formigón e as drenaxes, colocaranse redes novas e retiraranse e reciclaranse os elementos que xa non sirvan.

Todo o material empregado nas obras está homologado pola Federación Española de Pádel e cumpre as normas UNE EN ISO 9001:2000.

Back to top