MAÑÁ COMEZA NA AULA CEMIT DE ORTIGUEIRA UN CURSO DE USO DE WHATSAPP
A Aula CeMIT de Ortigueira continúa a desenvolver a súa programación durante os meses de verán. Hoxe seguiron as clases de informática lúdica dirixidas a nenos e nenas nas que se aprenden, entre outras cousas, mecanografía e xogos didácticos, e mañá dará comezo o curso de aprendizaxe do uso de whatsapp que se desenvolverá ata o vindeiro xoves.
As clases impartiranse de dez a once e media da mañá e incluirán nocións sobre a instalación da aplicación,,a privacidade e seguridade, fotos e vídeos, como compartir documentos, ubicacións e contactos e como crear listas de difusión, entre outros contidos.