O DELEGADO DO GOBERNO VISITA HOXE MARTES EN ORTIGUEIRA VARIAS ZONAS ONDE ESTÁN PREVISTOS PROXECTOS QUE DEPENDEN DA ADMINISTRACIÓN CENTRAL
O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada Azpiazu, visitará hoxe martes o Concello de Ortigueira, onde realizará co alcalde, Juan Penabad Muras, unha visita á parcela de A Preguiza, titularidade do Ministerio de Facenda e onde están situados o centro de saúde e outras instalacións en trámite de desafección para ser entregadas a diferentes administracións.
O representante do Goberno Central, que será recibido no Concello ás 12 e firmará no libro de ouro, desprazarase tamén á praia de Morouzos para coñecer o proxecto de reposición e rexeneración ambiental previsto para a contorna da praia, e ao paseo de Espasante, onde se pretende construír unha senda peonil para dar continuidade ao paseo marítimo.
Para rematar a visita, Losada e o alcalde visitarán o banco de Loiba.