Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ORTIGUEIRA CONTRIBÚE Á DIFUSIÓN DA CAMPAÑA “V DE VACINA, V DE VIDA”

O Concello de Ortigueira faise eco da campaña do Ministerio de Sanidad, Consumo y Bienestar Social para promover os beneficios das vacinas. Baixo o lema “V de vacina, V de vida. As vacinas salvan vidas”, a iniciativa ten como obxectivo poñer freo aos movementos xurdidos contra esta medida sanitaria preventiva e loitar contra o descoñecemento e a información errónea arredor da inmunización. As vacinas, lembra a campaña, son un dos maiores éxitos de saúde pública a nivel mundial.

Para máis información, recollemos a ligazón á páxina web do ministerio:
IR Á LIGAZÓN Campaña vacinas do Ministerio de Sanidad, Consumo y Bienestar Social

Back to top