A DEPUTACIÓN PRESENTARÁ EN ORTIGUEIRA OS RESULTADOS DO PROGRAMA DE IGUALDADE “COMPARTIMOS PLAN”
A Deputación Provincial da Coruña presentará o venres 3 de maio no Centro Social de Ortigueira os resultados técnicos do programa “Compartimos Plan”, unha diagnose e conxunto de medidas para favorecer a igualdade de xénero no ámbito provincial. Na iniciativa participaron técnicos e representantes políticos dos concellos da provincia, así como persoal doutras administracións e membros do tecido asociativo, empresarial e veciñal.
O acto de presentación das conclusións está aberto a todas as persoas interesadas e terá lugar na devandita data ás 13.30 horas.