CURSOS DE PREVENCIÓN EN CONSTRUCCIÓN E PRL PARA OPERADORES DE APARATOS ELEVADORES
A fundación laboral da construcción, a través do Organismo Paritario en la Prevención en Construcción (OPPC) gratifica por segundo ano consecutivo ao Concello de Ortigueira, con dous cursos para 25 alumnos de nivel básico de prevención en construcción (60 horas) e PRL para operadores de aparatos elevadores (6 horas), que serán coordinados polo servizo municipal de orientación laboral.
O curso de nivel básico de prevención en construcción terá lugar do 13 de maio ao 27 de maio de 8.30 h a 14.30 horas, e o de PRL para operadores de aparatos elevadores realizarase o 28 de maio de 8.30 h a 14.30 horas.
Están abertos a todas as persoas interesadas, e terán prioridade as pertencentes ao sector da construcción e afins, que deberán matricularse rexistrando a súa solicitude acompañada pola seguinte documentación:
- Desempregados: DNI e tarxeta de demanda de emprego.
- Ocupados: DNI e vida laboral.
O prazo de inscrición estará aberto do 23 de abril ao 7 de maio.
A matrícula ten que se realizar nas oficinas do Rexistro Municipal ou a través do rexistro electrónico:
REXISTRO XERAL
Praza de Isabel II, s/n.
981 400 000.
Horario de atención: de luns a venres de 9.00 h a 14.30 horas.
REXISTRO DA SEDE ELECTRÓNICA
Sede electrónica do Concello (require identificación persoal)