O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O PROGRAMA “SENCOLENOCOLE” REMATA O DÍA 11
Ata o 11 de abril está aberto o prazo para reservar praza no campamento de conciliación “Conciliortigueira. Sencolenocole” que se desenvolverá durante a Semana Santa.
Trátase dunha actividade gratuíta dirixida a nenos e nenas empadroados no municipio cuxos pais e nais teñan necesidades de conciliación. O campamento terá lugar os días 15, 16, 17 e 22 no colexio José María Lage en horario de 9.00 a 14.00 horas.
Hai un total de 20 prazas que se cubrirán por orde de inscrición. Esta terá que se realizar no Centro de Información á Muller de Servizos Sociais.