Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ORTIGUEIRA CELEBRA O 8 DE MARZO CUN PLENO DE MULLERES E UNHA CONCENTRACIÓN, ENTRE OUTRAS ACTIVIDADES

O Centro de Información á Muller de Ortigueira desenvolve un amplo programa con motivo da celebración do 8 de Marzo. Na data oficial de conmemoración do Día da Muller, o mesmo día 8, haberá un Pleno de Mulleres que terá lugar ás 10.00 horas e que está aberto á cidadanía, aínda que o aforo é limitado. O CIM traballou durante todo o mes de febreiro coas mulleres nas reunións preparatorias e agradece a implicación, esforzo e participación activa de todas elas. O mesmo día ás 12.00 terá lugar diante do Concello unha concentración aberta a todas as veciñas e veciños na que se dará lectura a unha Carta das Mulleres de Ortigueira.

Ao día seguinte, o sábado 9, celebrarase o X Encontro de Mulleres no restaurante Orillamar de Espasante. A convocatoria está prevista para as 13.30 horas.

Ademais, o 21 de marzo presentarase na biblioteca municipal o libro “Pioneiras do Deporte”, do que é autora a profesora da Facultade de Ciencias da Actividade Física e o Deporte Cristina López Villar. Será ás 11.00 horas.

Back to top