REMATA O PROGRAMA DE EDUCACIÓN AFECTIVO SEXUAL ORGANIZADO POLO CIM NO IES ORTIGUEIRA
O IES de Ortigueira rematou o programa de Educación Afectivo Sexual no ámbito educativo organizado pola Consellería de Benestar Social e Igualdade a través do Centro de Información á Muller de Ortigueira e financiado con fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero. O programa, de catro horas de formación práctica, estaba dirixido ao alumnado de 4º da ESO, primeiro de Bacharelato e FP básica.
Os obxectivos desta iniciativa foron presentar a sexualidade como unha cuestión social que debe ser normalizada e asociada a valores positivos e saudables; reflexionar sobre mitos asociados á sexualidade e os roles e estereotipos de xénero; introducir referentes para cuestionar a norma, libertando a orientación homosexual e a transexualidade; afianzar os coñecementos sobre anatomía e ofrecer información sobre riscos asociados ás prácticas sexuais e as formas de prevelos.