Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

REMATAN AS OBRAS DE MELLORA NO PAVILLÓN DEPORTIVO

O Concello de Ortigueira informa do remate das obras no pavillón deportivo municipal, que consistiron na reparación das filtracións de auga e humidades existentes no edificio. Para solucionar estes problemas reparouse a cuberta e substituíronse as baixantes e caleiros de recollida de auga. Tamén se colocaron novos paneis de cerramento, renovación da carpintería e pintado de bloques. Ademais destes traballos de reparación, colocouse un novo marcador electrónico. O importe das obras foi de 44.499,88 euros.

O pavillón municipal tamén é utilizado polos escolares do CEIP José María Lage.

Back to top