Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO DE ORTIGUEIRA COLABORA NA CAMPAÑA “XOGUETES PARA A IGUALDADE”

O Concello de Ortigueira colabora activamente na difusión da campaña “Xoguetes para a Igualdade”, que promoven a Secretaría Xeral de Igualdade e a Dirección de Comercio da Xunta de Galicia para sensibilizar a pais e nais con respecto á compra de xoguetes non sexistas. O obxectivo é traballar en pro da igualdade desde as idades mais temperás nunhas datas nas que nenos e nenas adoitan recibir xoguetes como regalos de Papá Noel ou Reis Magos.

Os carteis toman como motivo os populares debuxos dos Bolechas, que utilizan xoguetes de diferente tipo con independencia de se son nenos ou nenas e recollen a frase “Xogamos iguais, os xoguetes non teñen sexo”.

Na seguinte ligazón pode descargar o decálogo da campaña:

VER PDF Decálogo “Xoguetes para a Igualdade”

Back to top