ENTREGADOS OS PREMIOS DO CONCURSO DE CALABAZOTES DE ORTIGUEIRA
O Concello de Ortigueira dá a coñecer os gañadores do concurso celebrado con motivo da Festa dos Calabazotes. Presentáronse un total de 36 traballos con cabazas e o primeiro,segundo e terceiro premio foron, respectivamente, para Carla Cociña Martínez, Miguel Galeiras Doce e Iván Castiñeiras Formoso, que recibirán vales para a compra de libros, xogos e/ou material deportivo. Valorouse especialmente a beleza, orixinalidade e creatividade dos deseños.
A festa contou tamén con acompañamento musical, xogos populares e degustación de castañas asadas a cargo de Dinamo Producións.