Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO DE ORTIGUEIRA ANIMA A SE INSCRIBIR NO CURSO DE COORDINACIÓN DE SERVIZOS DE SOCORRISMO ACUÁTICO

O Concello de Ortigueira anima ás persoas desempregadas do concello de entre 16 e 30 anos de idade a optar á praza que se reserva para residentes neste municipio no curso de Coordinación de Servizos de Socorrismo Acuático que se desenvolverá na sede da Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia, en A Coruña. Os participantes no curso obterán un certificado de profesionalidade de nivel 3, que os capacitará para desenvolver servizos profesionais de salvamento e socorrismo nos areais, praias fluviais e outros espazos nos que se realizan actividades acuáticas, e para coordinar equipos de socorristas.

A actividade consta de 540 horas de teoría e 120 de prácticas non laborais en empresas e impartirase ademais formación transversal en materia de igualdade de oportunidades, idiomas e formento da utilización de novas tecnoloxías da información e a comunicación, así como accións de apoio na busca de oportunidades laborais.

Os e as participantes recibirán unha axuda económica de 2,6 euros brutos por cada día de asistencia ás xornadas lectivas.

O proceso de selección establece que poida concorrer unha persoa por cada municipio da provincia a excepción dos de Ferrol, A Coruña e Santiago. As solicitudes terán que entregarse, no caso de Ortigueira, na oficina do Servizo de Orientación Laboral do Concello antes das 13.00 horas do día 14 de novembro. Se hai máis que un/unha solicitante por Concello que cumpra os requisitos realizarase unha entrevista persoal, e no caso de que o total das inscricións supere o número de prazas (15) convocarase unha proba de natación.

Para obtener máis información, os e as interesados pódense dirixir á orientadora laboral do Concello.

O curso organízase a través dun convenio entre a Deputación da Coruña e a Consellería de Economía, Emprego e Industria coa colaboración do Fondo Social Europeo e dentro do Plan de Emprego Local.

Como se recordará, este último verán houbo problemas para cubrir as prazas de socorrismo en varios concellos da comarca debido, entre outras circunstancias, á escaseza de persoal capacitado para estas tarefas.

Back to top