Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O LAR GALLEGO DE SEVILLA TERÁ UN STAND DEDICADO A ORTIGUEIRA NO X ENCUENTRO DE CASAS REGIONALES Y PROVINCIALES

O Lar Gallego de Sevilla terá de novo presente a Ortigueira na celebración do X Encuentro de Casas Regionales y Provinciales, que se celebrará entre os días 11 e 14 de outubro na capital andaluza. Como xa sucedera con motivo da Feria de Abril, esta asociación adicará o seu stand neste encontro ao concello de Ortigueira, e a Escola de Gaitas da localidade trasladarase ata Sevilla para actuar durante esta celebración. O concerto será o sábado 13 de outubro ás 22.00 horas na Plaza Nueva.

As paisaxes, recursos turísticos e símbolos de Ortigueira poderán ser coñecidos por todos os participantes no Encuentro de Casas Regionales y Provinciales a través de fotografías e pinturas. O seu evento máis internacional, o Festival Celta, tamén foi presentado este ano en Sevilla.

Lar Gallego é unha asociación creada por emigrantes galegos en Sevilla a mediados do século pasado que ten como obxectivo que os seus fillos, netos e amigos non perdan as raíces. Mantén unha intensa actividade cultural e social, ten o seu propio restaurante e está plenamente integrada na sociedade sevillana, xa que participa activamente en festas tan tradicionais como a Semana Santa ou a propia Feria de Abril.

Back to top