Participa Ortigueira é unha nova vía de comunicación entre o Concello e os veciños e veciñas, unha maneira rápida e axil de intercambiar información sobre novas, eventos, suxestións, incidencias e servizos públicos a través do WhatsApp.
ALTA E BAIXA NO SERVIZO
Para darse de alta debe:
- Gardar na lista de contactos do seu teléfono o número 653 475 070 co nome “Participa Ortigueira”.
- Enviar un whatsapp ao contacto “Participa Ortigueira” co texto “Alta información Participa Ortigueira”.
Enviaráselle entón ao usuario unha mensaxe confirmando a súa alta, e a partir dese momento comezará a recibir información e así mesmo poderá tamén enviala.
Se está a ver esta páxina co móbil e quere activar o servizo, poñemos á súa disposición a seguinte ligazón directa:
IR Á LIGAZÓN Mandar mensaxe de activación a Participa Ortigueira
Para darse de baixa, o usuario deberá:
- Enviar un whatsapp ao contacto “Participa Ortigueira” co texto “Baixa información”. Dende ese momento, o usuario deixará de recibir información.
DIFUSIÓN DA INFORMACIÓN
A información aos usuarios enviarase de luns a domingo, de 10 h a 20 h. No caso de tratarse dunha información de urxencia, emerxencia ou especial interese, remitirase no momento oportuno.
A información non se comunica mediante a creación dun ou varios grupos de contactos, e polo tanto aqueles que se deran de alta no servizo non coñecerán nin verán a través das comunicacións recibidas información sobre o resto dos usuarios do servizo.
A difusión da información aos usuarios deste servizo faise baixo a titularidade do Concello, que é o propietario do servizo.
NORMAS DE USO
Puntualmente, o Concello poderá remitir algunha mensaxe para solicitar a opinión dos usuarios sobre o servizo coa finalidade de melloralo.
O envío de mensaxes inadecuadas ou reiteradas ao contacto do Concello por parte dalgún usuario suporá a súa baixa automática por parte do administrador do servizo.
O usuario compremétese a notificar calquera variación nos datos facilitados, en especial no caso de cambio de número de teléfono móbil, que afecte á recepción das comunicación electrónicas solicitadas.
O envío da mensaxe de alta ao móbil do Concello supón a aceptación das condicións e normas de uso do servizo e de WhatsApp (pode consultar as normas de uso de WhatsApp na seguinte ligazón):