No Concello de Ortigueira o coidado, respecto e posta en valor do medio ambiente concebímolo como un proxecto estratéxico de compromiso co medio e o desenvolvemento sostible, e vai máis aló da xestión administrativa encomendada ás Administracións Locais neste ámbito.
Entendemos o coidado do medio ambiente como a promoción dun uso responsable dos recursos naturais, a difusión entre a poboación de políticas medio ambientais, en resumo, o desenvolvemento dun crecemento equilibrado desde o punto de vista económico, social e medio ambiental co fin de preservar o entorno.
Ortigueira conta cun patrimonio natural que debe coidarse e protexerse con zonas incluidas na actualidade na rede natura 2000 como parques naturales, lugares de importancia comunitaria (LIC), zonas especiales de conservación, (ZEC) ou zonas de especial protección de aves (ZEPA):
LIC Parque Natural de Estaca de Bares (tamén zona de especial protección dos valores naturais)
ZEPA Ría de Ortigueira e Ladrido (zona Ramsar)
ZEC – LIC Ortigueira – Mera
ZEC – ZEPA – LIC Costa Ártabra (que inclúe a Serra da Capelada)
ZEPA Espacio mariño de Punta de Candieira‑Ría de Ortigueira‑Estaca de Bares
Nas seguintes ligazóns pode consultar diversos enlaces onde atopar recursos sobre todos estos espazos:
IR Á LIGAZÓN Páxina de turismo da Xunta de Galicia (consultar apartado espazos naturais)
IR Á LIGAZÓN Turismo de Ferrolterra (guía de espazos naturais)
IR Á LIGAZÓN Áreas para la conservación das aves en España (definición de zonas IBA)