Ortigueira recibe por parte da Xunta unha subvención para impartir accións formativas para persoas desempregadas na especialidade de “Atención a persoas dependentes en institucións sociais”
O Concello de Ortigueira recibiu por parte da Xunta a resolución favorable para desenvolver a acción formativa para persoas desempregadas, por un importe de 46.609,80 euros.
A formación versará sobre a área de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, cunha duración de 3 meses. A formación impartirase no centro de formación do Concello en horario de tarde. Esta localidade formará a 15 persoas de Ortigueira e comarca. Durante a acción formativa o alumnado recibirá formación profesional para o emprego. Finalizada a acción formativa recibirá un diploma expedido polo Concello de Ortigueira, que lle servirá para solicitar o certificado de profesionalidade na especialidade de “atención a persoas dependentes en institucións sociais”, que os acredita como profesionais para traballar tanto no Servizo de Axuda no Fogar como en centros de día e outras institucións sociais.