A CAMPAÑA “QUERE O TEU MERCADO” CHEGA O VINDEIRO XOVES 24 A ORTIGUEIRA
O Concello de Ortigueira celebrará o vindeiro xoves 24, coincindo co seu mercado semanal, un reparto de material publicitario da campaña da Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta “Quere o teu mercado”. O de Ortigueira é un dos máis de 90 mercados de Galicia onde se desenvolve neste mes a devandita campaña, que neste caso concretarase na entrega por parte dos vendedores de mandís, bolsas, globos e contos para nenos aos clientes.
“Quere o teu mercado” é unha iniciativa internacional que invita a aproveitar a garantía de calidade, bo servizo e atención personalizada que ofrecen os mercados, e unha forma de apoiar tamén o seu papel dinamizador das vilas e ciudades. Favorecer o consumo de produtos galegos é outro dos obxectivos desta proposta.