NOVO CURSO DE COCIÑA ORGANIZADO POLO CONCELLO
O vindeiro mércores, día 2 de maio, abre o prazo para se inscribir no curso “Métodos de cocción e conservación V gama”, unha iniciativa formativa do Concello de Ortigueira que está orientada a profesionais ou persoas que xa conten con algunha formación en cociña, como as que fixeron o curso anterior convocado pola institución municipal.
Os e as interesados teñen de prazo ata o día 8 para reservar a súa praza e hai un total de 15 dispoñibles. O curso desenvolverase do 15 ao 31 de maio nas instalacións do restaurante A Cabana do Fos e completarase cunhas prácticas noutros locais no mes de xuño.