Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Habaneras volve esta fin de semana a Ortigueira para rememorar a emigración a base de ritmo

Habaneras volve esta fin de semana, o venres 4 e o sábado 5, para conmemorar os azos entre Galicia e América pola emigración. O evento está organizado pola Asociación Festival de Habaneras e Cancion Mariñeira, en colaboración co Concello.

Esta edición de 2023 terá a Cantón como principal punto neurálxico, aínda que se desenvolverá en varios puntos do municipio e contará cunha completa programación, que terá como protagonistas o ‘V Festival de habaneras e canción mariñeira’ e o concerto ‘Son. al Son’.

O venres, día 4, a comparsa de Rueiros dará comezo ao acto. A partir das 20.00 horas comezarán a quentar as rúas dende o ambiente do evento coa súa música.

Ao día seguinte, no que se desenvolverá o groso da programación, ás 13.00 horas abrirá Tabernícolas Ferroláns. O grupo actuará nos xardíns Julio Dávila. Unha vez rematado o concerto, a festa continuará cun desfile que comezará ás 14.00 horas.

Como antesala do festival, ás 19.00 horas terá lugar a terceira edición do desfile de época, que encherá de roupa de época as rúas de Ortigueira.

Ás 20:30 horas será a quenda doutro dos grandes eventos: o ‘V Festival de habanera e canción mariñeira’. No escenario situado no Cantón actuarán o grupo Berce de Ortigueira, Rondalla de Cedeira e as corais Endesa de As Pontes, a Ortigueira Polifónica e a Cariño Polifónica, que serán galardoadas co premio ‘O Son Dunha Vida’.

Para poñer o broche de ouro á xornada, o concerto ‘Son a Son’. O público asistente poderá gozar dunha noite cubana da man de Raquel Gapote, a partir das 23:00 horas.

Mercado

Como actividade paralela ao evento, o sábado 5 e o domingo 6 terá lugar un outlet de comercio ortegano, organizado pola Asociación de Comercio e Hostalaría Ortegano (ACO), nos xardíns Julio Dávila. O sábado o horario será de 10.00 a 22.00 horas e o domingo, de 11.00 a 21.00 horas.

No outlet participarán os seguintes comercios: C. Óptico María Mera, D&V Moda, Moda Masha, Ciclos Cociña, Librería Ramos, Calzados Galofer, Goga Moda, Regalos Olga, Artegal, Leiras Dixital, O Xardín, D&M Moda, Bamby e Atmósfera. Deporte.

Back to top