O xoves, 20 de xullo, o Mercado regresa á Alameda
O Mercado regresa á Alameda este xoves, 20 de xullo.
A previsión era que o mercado se celebrase na Avenida Juan Luis Pía Martínez, no barrio da Penela, pero o gran labor de desmontaxe do escenario e dos postos do Festival Internacional do Mundo Celta fixo posible que se adiantasen os prazos e que o espazo quede despexado desde a tarde do mércores, 19 de xullo.
Deste xeito, este xoves o Mercado Semanal celebrarase no lugar habitual.
O xoves, 27 de xullo, a reubicación continuará, como estaba prevista, na Avenida Juan Luis Pía Martínez, por mor das Festas da Patrona.