Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A Oficina de Turismo de Ortigueira amplía o seu horario

A Oficina de Turismo do Concello de Ortigueira amplía desde hoxe, luns de 10 xullo, e ata o xoves 31 de agosto o tempo de atención ao público. Deste xeito, os novos horarios serán os seguintes:

  • De luns a venres de 10:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas.
  • Sábados de 10:30 a 14:00 horas e de 17:00 a 19:30 horas.
  • Domingos de 11:00 a 14:00 horas.

Así, a Oficina de Turismo pasa a ter atención todas as tardes de luns a xoves, amplía o horario vespertino os venres e sábados e abrirá durante as mañás dos domingos.

Situada na Avenida Escola de Gaitas s/n, a Oficina de Turismo de Ortigueira ofrece ao visitante información personalizada sobre os diferentes recursos naturais e patrimoniais do municipio. Asemade, as rutas ou eventos culturais e gastronómicos tamén poderán ser detalladas, así como as diferentes opcións de aloxamentos, restauración ou turismo activo.

Doutra banda, aproveitamos para lembrar que tamén existe un Punto de Información Turística en Loiba (Carretera AC-862, s/n, 15339 Loiba-Ortigueira).

Máis información:

Avenida da Escola de Gaitas, s/n, 15330 A Lagarea-Ortigueira (A Coruña)

981 974 103

turismo@concellodeortigueira.com

Back to top