A Concellaría de Igualdade de Ortigueira leva a cabo un curso para mulleres con discapacidade
A Concellaría de Igualdade, en colaboración coa Asociación Acadar, está a impartir esta semana no centro social de Ortigueira o curso “Ferramentas para o apoderamento de mulleres con discapacidade”.
A traballadora social Adelaida Adad desenvolve este taller, que ten por obxectivos crear novas redes de apoio entre as mulleres participantes, mellorar habilidades comunicativas básicas e abordar aspectos da intelixencia emocional para a xestión de emocións.
Esta actividade está cofinanciada pola Consellería de Emprego e Igualdade e a Unión Europea.