Campamentos recreativos de verán 2023
Ortigueira presenta os seus campamentos urbanos recreativos para este verán.
• As actividades realizaranse cunha frecuencia semanal, cun máximo de 30 prazas, durante a última semana de xuño e os meses de xullo e agosto en horario de 8.00 a 14.00 horas ou de 9.30 a 14.00 horas.
• Poderán participar os nenos e nenas comprendidos entre os 4 e os 11 anos de idade que estén empadroados.
• As solicitudes para o primeiro campamento, que se celebra do 26 ao 30 de xuño, xa se poden formalizar no Rexistro Xeral.
O Concello de Ortigueira presenta os seus campamentos urbanos recreativos para o verán de 2023.
Estas actividades van dirixidas a menores comprendidos entre os 4 e os 11 anos de idade que estén empadroados no municipio. Realizaranse cunha frecuencia semanal, cun máximo de 30 prazas por tanda, durante os meses de xullo e agosto.
En función da modalidade haberá dous horarios: de 8.00 a 14.00 horas, de luns a venres, para os campamentos urbanos con almorzo, e de 9.30 a 14.00 horas, para os campamentos urbanos sen almorzo. Para os primeiros o prezo da semana será de 30 euros/semana, mentres que para os segundos será de 20 euros/semana.
Durante a mañá levaranse a cabo diferentes actividades de ocio e recreación, xogos, deportes, excursións, obradoiros ao aire libre e moitas opcións de entrenamento.
As inscricións para a primeira semana, que se celebrará do 26 ao 30 de xuño, xa se poden realizar ata o vindeiro xoves, 22 de xuño, no Rexistro Xeral do Concello. Para as vindeiras semanas poderán entregarse, no mesmo lugar, ata o mércores anterior.
Para formalizar a matrícula, terán prioridade os interesados que soliciten a actividade por conciliación familiar e que así o xustifiquen. Neste caso os criterios serán económicos, tendo a prioridade os participantes de menores ingresos na unidade familiar, ata completar a totalidade de prazas.
Para obter máis información sobre os campamentos urbanos pódese consultar na piscina municipal (981 422 026) o na Casa do Concello en horario de 10:00 a 13:00 horas.