Adxudicadas as obras de renovación de vías en Insua, O Ermo, Céltigos, Loiba, Couzadoiro e San Clauidio
-
O proxecto, valorado en cerca de 300.000 euros, financiouse a través do Plan Único da Deputación da Coruña.
O Concello de Ortigueira adxudica as obras para a renovación de varias vías en Insua, O Ermo, Céltigos, Loiba, Couzadoiro e San Claudio.
O proxecto, valorado en 292.521 euros, está financiado a través do Plan Único da Deputación de A Coruña.
– Na parroquia de Insua realizarase unha rexeneración da ìsta que vai de San Mioguel a Deveso, cun presuposto de 33.082 euros.
– En O Ermo mellorarase a pavimentación da pista que vai desde Igrexario a Ramil, por valor de 58.759 euros.
– En Celtigos e Loiba rexenerarase pistas, cun presuposto de 34.312 euros.
– En Couzadoiro vaise renovar o vial de Xorres, por 90.643 euros.
– Na parroquia de San Claudio vaise realizar un aglomerado en quente da pista que vai de Bodeguiña, cun presuposto de 75.722 euros.
O alcalde de Ortigueira, Juan Penabad Muras, destaca “a aposta do goberno local por mellorar os servizos básicos da veciñanza” e sinala que “seguimos a incrementar o número de quilómetros de pistas renovadas, con esta actuación continuamos a executar o plan de mellora da rede viaria municipal, incrementando a seguridade viaria e facilitando os desprazamentos e a vida cotiá da nos veciñanza”.