O Concello de Ortigueira acollerá un curso básico de motoserras en xuño
O Concello de Ortigueira acollerá a modalidade presencial dun curso básico de motoserras, enmarcado no programa anual de actividades da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp).
A formación, cunha duración de 16 horas lectivas e 20 prazas dispoñibles, desenvolverase os días 6 e 7 de xuño.
O prazo de inscrición é de 10 días naturais a partir de hoxe, 11 de marzo.
Acceso ao DOG ➡ https://bit.ly/3Fl3RCh.