Ortigueira xa ten percorrido para a súa cabalgata de Reis do vindeiro xoves, 5 de xaneiro
• O desfile dará comezo ás 18 horas na Oficina de Turismo e finalizará na Alameda coa recepción das súas Maxestades.
• Amenizarán a Charanga O Alecrín, a Banda de Gaitas de Ladrido, a Banda de Gaitas do Ortegal e a Escola de Gaitas de Ortigueira.
O Concello de Ortigueira xa ten todo listo para recibir ás súas Maxestades os Reyes o vindeiro xoves, cinco de xaneiro, polas rúas de Ortigueira.
A comitiva sairá ás 18 horas desde a avenida da Escola de Gaitas, concretamente na Oficina de Turismo. A continuación, percorrerán a Avenida Juan Luís Pía, a Avenida da Penela, a rúa Eugenio López, a Avenida Francisco Santiago, o Cantón, e a Travesía da Alameda para rematar o seu percorrido na propia Alameda.
Alí, As súas Maxestades recibirán aos nenos e nenas de Ortigueira, para atender todas as súas peticións.
Durante o percorrido do desfile estarán a amenizar a Charanga O Alecrín, a Banda de Gaitas de Ladrido, a Banda de Gaitas do Ortegal e a Escola de Gaitas de Ortigueira.
Desde o Concello de Ortigueira animan a todas as familias a baixar ás rúas de de o municipio ese día para recibir aos Reis Magos de Oriente.