O Concello organiza catro saídas para o mes de decembro dentro do seu programa de andainas
Coa chegada do mes de decembro, o Concello de Ortigueira presente tres novas rutas. Animádevos a participar nas actividades propostas.
Senda da Memoria (As Pontes).
3 de decembro.
18 quilómetros.
Saída ás 10:00 horas da Estación FEVE de Ortigueira e ás 10.30 horas do aparcadoiro da Praia do Lago (As Pontes).
Ruta por Penaquente.
10 de decembro.
10 quilómetros.
Saída ás 10:00 horas da Estación FEVE de Ortigueira.
Ruta Punta Chirlateira (Cedeira).
17 de decembro.
14 quilómetros.
Saída ás 10:00 horas da Estación FEVE de Ortigueira e ás 10:30 horas do aparcadoiro da praia de Vilarrube (Cedeira).
As persoas interesadas en participar poden inscribirse na piscina municipal.
Para realizar as rutas recoméndase levar calzado cómodo, auga e algo de comer.