O Concello de Ortigueira organiza novos roteiros de sendeirismo para a ponte de decembro
Chegou decembro e con el novas rutas de sendeirismo ao Concello de Ortigueira. Nesta ponte, haberá dous roteiros guiados con espectaculares vistas. Animádevos a participar nas diferentes actividades propostas:
Ruta do Casón
Martes, 6 de decembro
6.5 quilómetros
Saída ás 10:00 horas da oficina de Turismo en coche propio.
Ruta cantís Loiba-Espasante
8 de decembro
12.5 quilómetros
Saída ás 9:35 horas no FEVE dende Ortigueira
As persoas interesadas en participar poden inscribirse na oficina de turismo de Ortigueira ou chamando ao 981 422 089.