A xuventude de Ortigueira xa pode anotarse ao campamento deportivo da Deputación
A rapazada de Ortigueira xa pode anotarse aos campamentos deportivos da Deputación da Coruña. Estes levaranse a cabo en cinco quendas, do 26 ao 29 de xullo. Os nenos e nenas do noso municipio terán a súa do 17 ao 22 de xullo. Esta iniciativa desenvolverase no IES Rosalía Mera na Coruña.
O programa contará con diversas actividades deportivas e culturais dirixidas á rapazada de 9 a 14 anos. O custo é de 85 euros e a inscricións permanecerá aberta ata o 20 de maio. As persoas interesadas poderán anotarse á actividade no rexistro do Concello.
Toda a información e folleto de inscrición aquí.