Ortigueira reforza a área de Urbanismo mediante a convocatoria dunha bolsa de emprego para o posto de arquitecto
- O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica hoxe as bases do proceso de selección mediante concurso-oposición.
O Concello de Ortigueira convoca un proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de provisión provisional dun técnico ou técnica superior en arquitectura. O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica hoxe as bases para a selección dunha persoa para cubrir de forma transitoria este posto no Consistorio mediante o proceso de selección de concurso-oposición.
Entre os requisitos para poder optar a esta praza, figura contar co título habilitante para o exercicio da profesión ou estar en condicións de obtelo e ter o CELGA 4. As solicitudes poderán realizarse nun prazo de dez días naturais desde o día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria deste proceso selectivo no BOP.