ORTIGUEIRA ACOLLERÁ OS CURSOS DE ATENCIÓN SOCIOSANITARIA E DINAMIZACIÓN COMUNITARIA DO PROGRAMA PEL DA DEPUTACIÓN
O concello de Ortigueira será a sede das accións formativas de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais e de dinamización comunitaria enmarcadas no Plan de Emprego Local ( PEL) da Deputación dá Coruña.
Os cursos comezarán en setembro e prolongaranse ata o mes de febreiro, no caso da formación de atención sociosanitaria a persoas dependentes, e marzo, no de dinamización comunitaria.
Os talleres diríxense a persoas desempregadas rexistradas na oficina de emprego correspondente. Terase en conta as persoas paradas de longa duración, a mocidade menor de 30 anos non participante en accións do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, mulleres, persoas maiores de 55 anos e persoas que se atopen en risco de exclusión ou situación vulnerable.
O prazo de inscrición das formacións estará aberto desde o 4 de agosto ata o 27 do mesmo mes. As persoas interesadas poderán anotarse no rexistro do Concello. Para máis información os e as solicitantes deberán dirixirse á orientadora laboral Marika Álvarez a través do correo electrónico malvarez@concellodeortigueira.com ou chamando ao teléfono 981 40 00 00.
“Estes cursos permitirán a formación de novos e novas profesionais nun eido tan esencial como o é o de servizos sociais, fortalecendo o ámbito e aumentando as competencias das persoas participantes co obxectivo de facilitar a súa inserción laboral” destacou o alcalde de Ortigueira, Juan Penabad Muras.
DESCARGA PDF DOCUMENTACIÓN A APORTAR XUNTO COA SOLICITUDE
DESCARGA PDF REQUISITOS INSCRICION DINAMIZACIÓN COMUNITARIA
DESCARGA PDF REQUISITOS ATENCION SOCIOSANTARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIONS SOCIAIS