REMATA CUN BALANCE POSITIVO O OBRADOIRO “A ARTE DE COIDARTE”
Esta semana a concelleira de igualdade asistiu a presentación do obradoiro “A arte de coidarte”, un programa no que participan 14 mulleres e que está encamiñado a darse, permitirse, consentirse para aprender a coidarse.
Naira González e Noelia Darriba, son as profesionais que durante 7 semanas acompañaran ás participantes e fomentarán a creación dunha rede de apoio onde poder practicar a expresión, a escoita respectuosa e sen xuízo neste grupo de mulleres.
A Concellería de Igualdade conta co cofinanciamento da Secretaría Xeral de Igaldade e o Fondo Social Europeo para esta actividade”