Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO DE ORTIGUEIRA REPARTIRÁ A TRAVÉS DE AGA ORTEGAL 200 TRAMPAS DE AVESPA VELUTINA

O Concello de Ortigueira acaba de mercar 200 trampas selectivas para avespas velutinas que se distribuirán a través da delegación da Asociación Galega de Apicultura (AGAOrtegal) para seren colocadas en diferentes puntos do municipio. Será tamén esta entidade a que se ocupe de facer un seguimento, rexistrando as capturas que se produzan para poder facer un estudo das zonas de maior incidencia da praga.

O concelleiro de Medio Ambiente, José Luis Pérez, expresou a súa satisfacción por este acordo con AGA, que permitirá avanzar na loita contra a avespa velutina e coñecer mellor como se comporta a praga. Agradeceu tamén aos veciños e veciñas a súa colaboración nesta campaña.

Back to top