Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A FUNDACIÓN LABORAL DA CONSTRUCIÓN CONCEDE A ORTIGUEIRA POR SEGUNDA VEZ DÚAS ACTIVIDADES FORMATIVAS DE XEITO GRATUÍTO

O Concello de Ortigueira ten concedidos de xeito gratuíto dous cursos da Fundación Laboral da Construción para desenvolver entre a poboación interesada. É unha gratificación que se tramita a través do Organismo Paritario de Prevención na Construción (OPCC) e unicamente dous municipios da provincia, Ortigueira -neste caso por segunda vez- e As Pontes, teñen acceso a esta formación sen custo.

O primeiro curso, cunha duración de 60 horas, será sobre Prevención en Construción (nivel básico). Terá lugar desde o 31 de maio ao 11 de xuño de xeito presencial e desenvolverase no Teatro da Beneficencia en horario de 8.30 a 14.30.

O segundo é un curso de seis horas sobre prevención de riscos laborais centrado especificamente nos traballos de electricidade e será o 14 de xuño no mesmo horario que o anterior.

As inscricións para as dúas actividades poden realizarse nas oficinas xerais do Rexistro do Concello acompañando copia do DNI, tarxeta de demandante de emprego e curriculum vitae no caso dos desempregados e DNI e certificado de vida laboral para os que están en activo. O prazo de inscrición remata o venres 28 de maio.

O concelleiro Juan Cao destacou o feito de que Ortigueira teña conseguido por segunda vez esta importante formación de xeito gratuíto e referiuse igualmente ao ámbito da prevención de riscos laborais como un piar fundamental no desenvolvemento das actividades productivas.

As inscricións para as dúas actividades poden realizarse a partir do luns 19 nas oficinas xerais do Rexistro do Concello acompañando copia do DNI, tarxeta de demandante de emprego e curriculum vitae no caso dos desempregados e DNI e certificado de vida laboral para os que están en activo.

Para obter máis información as persoas interesadas pódense dirixir ao correo electrónico malvarez@concellodeortigueira.com ou ao teléfono 981 400 000 (contacto, Marika Álvarez).

Back to top