Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO DE ORTIGUEIRA TRAMITA AS SOLICITUDES PARA UNHA INICIATIVA FORMATIVA DA DEPUTACIÓN DIRIXIDA A PERSOAS QUE NON TEÑAN A ESO

O Concello de Ortigueira anima aos veciños e veciñas que poidan estar interesados na acreditación en competencias clave a que se inscriban no PEL Emprego Sustentable da Deputación, unha iniciativa na que colabora a propia institución municipal para a tramitación de solicitudes.

O programa está dirixido a persoas que non teñan a Educación Secundaria Obrigatoria para que poidan ter a acreditación que lles permita acceder á formación de Nivel 2 e acadar así máis posibilidades na busca dun emprego.

As solicitudes poden realizarse a través da sede electrónica do Concello de Ortigueira ou ben de forma presencial no rexistro municipal. No Servizo de Orientación Laboral ofrecen máis información e axuda na tramitación. As persoas interesadas poden dirixir un correo á responsable deste servizo, Marika Álvarez, a través da dirección malvarez@concellodeortigueira.com.

O alcalde, Juan Penabad Muras, invitou á veciñanza a beneficiarse deste tipo de iniciativas, que contribúen a mellorar as posibilidades de obter un emprego nunha época especialmente difícil como a que estamos a vivir.

Back to top