FORMACIÓN EN LIÑA PARA MELLORAR A COMUNICACIÓN NAS REDES SOCIAIS DAS ENTIDADES DEPORTIVAS
As entidades e clubs deportivas da comarca do Ortegal que organicen actividades ou xestionen escolas deportivas poderanse inscribir, entre o 1 e o 20 de abril, nunha acción formativa en liña organizada pola Deputación da Coruña para que estas asociacións melloren a súa comunicación a través das redes sociais. O curso impartirase en tres sesións os días 6, 7 e 8 de maio, os dous primeiros días de 18.00 a 20.00 horas e o último de 11.00 a 13.00.
Esta acción formativa está destinada tamén a asociacións das comarcas de Ferrol e Eume e ten un límite de participantes de 50 persoas, polo que desde o Concello de Ortigueira animan á inscrición -que se pode tramitar no rexistro da Deputación ou na súa sede electrónica- canto antes.
Os contidos que se tratarán inclúen unha parte dedicada a xestión de redes sociais -con especial atención aos termos máis usados tanto na experiencia de usuario como para o posicionamento nos buscadorese outra á dixitalización das entidades -produción de contidos para as distintas plataformas, emisións en streaming, protección fronte as “fake news”, etc.-.