Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

AVISO IMPORTANTE DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN LABORAL

MENSAXE IMPORTANTE PARA AS PERSOAS DEMANDANTES DE EMPREGO

Por mor da situación sofrida pola incidencia dos sistemas informáticos do SEPE, Emprego Galicia ten limitada a funcionalidade dos seus propios sistemas, véndose na obriga de atender con cita previa e de xeito limitado. Se é posible, pida a cita precia cando os sistemas se restablezcan.

A non renovación da demanda mentres continua esta situación non conlevará a baixa automática da mesma nin tampouco, polo tanto, ningún tipo de suspensión ou de perda de dereito adquirido por non renovación.

Por esa mesma causa, ás persoas que teñan que renovar a súa demanda de emprego nestes días, unha vez que o sistema se recupere, enviaráselles un correo electrónico, unha mensaxe SMS ou mediante chamada telefónica para informarlles do novo prazo adicional do que disporán para renovar a súa demanda.

MENSAXE IMPORTANTE PARA A PRESENTACIÓN DE OFERTAS DE EMPREGO

Do mesmo xeito, como a tramitación das ofertas de emprego tamén están a verse afectadas pola mesma situación, recollerase o formulario de oferta e, unha vez restablecido o sistema, contactarase telefónicamente para confirmar a vontade de seguir adiante coas ofertas informadas.

Desculpen as molestias.

Back to top