ADMITIDAS PARA AS PROBAS DE SELECCIÓN AS CATRO PERSOAS QUE SE INSCRIBIRON EN ORTIGUEIRA PARA OS CURSOS DE SALVAMENTO ACUÁTICO DA DEPUTACIÓN
As catro persoas que se incribiron en Ortigueira para participar nos cursos de salvamento acuático organizados pola Deputación foron admitidas para as probas de selección, segundo se informou desde o Departamento de Orientación Laboral do Concello.
A formación ten dúas modalidades: para espazos acuáticos naturais -praias costeiras e fluviais- con 420 horas en total (340 teóricas e 80 prácticas); e para instalacións deportivas, con 210 horas (130 teóricas e 80 prácticas).