Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ABERTO O PRAZO PARA OPTAR AO ALUGUER DE DÚAS VIVENDAS DE XESTUR EN ORTIGUEIRA

O alcalde de Ortigueira, Juan Penabad Muras, deu a coñecer a notificación de Xestur pola que se abre o prazo de inscrición para optar ao aluguer de dúas vivendas propiedade deste organismo na localidade. Trátase de dous pisos de 85 e 90 metros cadrados situados no edificio números 10-16 da rúa Magdalena.

Os requisitos son estar inscritos no Rexistro Único de Demandantes de Vivendas da Comunidade Autónoma de Galicia e contar cuns ingresos mínimos equivalentes ao 0,7% do IPREM (Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples) do ano en curso. As solicitudes poden presentarse ata o día 4 de marzo nas oficinas de Xestur de A Coruña, onde tamén ofrecen máis información de 9.00 a 14.00 horas os días laborables a través do teléfono 981 169 117.

Back to top