Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO DE ORTIGUEIRA INFORMA DOS CURSOS DA XUNTA PARA A RENOVACIÓN DA INSCRICIÓN NO REXISTRO DE SOCORRISTAS E PARA OS TÍTULOS CELGA

A responsable do Departamento de Orientación Laboral do Concello de Ortigueira, Marika Álvarez, invitou aos veciños e veciñas da localidade a aproveitar as convocatorias de cursos da Xunta para a obtención dos certificados de lingua galega Celga e para a formación de reciclaxe necesaria para a renovación da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

As dúas convocatorias acaban de saír hoxe publicadas no DOG nos seguintes enlaces:

Resolución do DOG nº 24 do 2021/2/5 – Xunta de Galicia (socorrismo, 10 días para a inscrición)
Resolución do DOG nº 22 do 2021/2/3 – Xunta de Galicia (CELGA, 15 días para a inscrición)

As persoas interesadas en obter máis información poden contactar co Departamento de Orientación
Laboral de Concello.

Back to top