Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER DE ORTIGUEIRA CONCIENCIA SOBRE O USO RESPONSABLE DAS TIC AGORA QUE SON UN DOS MEDIOS DE CONTACTO MÁIS EMPREGADOS

O Centro de Información á Muller de Ortigueira aposta pola sensibilización e concienciación sobre o uso responsable das TIC nestes tempos de crise e pandemia, cando estas tecnoloxías son o medio de contacto máis empregado. Por este motivo, desde este organismo municipal difúndese a campaña presentada pola Agencia Española de Protección de Datos “Un só clic pode arruinarche a vida”. Trátase de facer ver os riscos de reenviar ou espallar contidos sensibles como fotografías ou vídeos de carácter sexual o violento sen consentemento.

A ligazón da campaña é esta:

https://www.aepd.es/es/prensa-y-comunicacion/notas-de-prensa/agencia-presenta-un-solo-clic-puede-arruinarte-la-vida

Back to top