O 75% DOS TURISTAS QUE VISITARON ORTIGUEIRA ESTE VERÁN FACÍANO POR PRIMEIRA VEZ
A oficina de turismo de Ortigueira ten xa datos definitivos do número de turistas que visitaron a localidade durante este atípico verán. Ascenden a case 3.500 persoas (3.485),que realizaron un total de 1.370 consultas relacionadas cos lugares de interese, aloxamento, restauración, actividades, etc.
O dato máis salientable é que o 75% dos turistas visitaban Ortigueira por primeira vez. O 95% correspondeuse con turismo nacional e unha procedencia maioritaria de Madrid (30%), Galicia (16%) e País Vasco (13%). Se en lugar de comunidades autónomas tomamos como referencia as provincias, inmediatamente despois de Madrid situaríase Barcelona, e a continuación A Coruña.
O perfil de visitante é unha persoa de mediana idade que viaxaba en parella, seguido dos turistas que lo hicieron en familia.
En canto ao punto de máis interese para os visitantes, segundo os datos recollidos pola oficina de turismo, foi o patrimonio natural de Ortigueira, como en años anteriores.