Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER PON EN MARCHA UN PROXECTO DE AUTOCOIDADO PARA MULLERES A TRAVÉS DO WHATSAPP

O Centro de Información á Muller de Ortigueira ten aberto o prazo para inscribirse na iniciativa “A arte de coidarte”, un proxecto en liña especialmente dirixido a mulleres vítimas da violencia de xénero ou en situacións de vulnerabilidade. Para apuntarse hai que chamar ao número de teléfono 981 400 000.

As terapeutas Noelia Darriba e Naiara González, as dúas colaboradoras habituais do CIM ortegano, son as responsables dunha proposta que dará comezo o vindeiro día 1 de xuño e que ten no whatsapp a súa principal ferramenta de desenvolvemento, a través da creación dun grupo coas persoas que se apunten para participar. Este grupo funcionará como rede de apoio e acompañamento emocional e a través del daranse tamén, semanalmente, pautas de autocoidado coa finalidade de que as mulleres aprendan a mimarse, permitirse, coñecerse, descansar e escoitarse.

A participación no proxecto non implica que sexa necesario expor situacións ou casos particulares; o seu obxectivo principal é facilitar estas ferramentas -que poden ser en forma de vídeo, audio ou PDF- a través do whatsapp, de xeito que cada persoa poderá utilizalas cando o considere oportuno e lle sexa útil.

A iniciativa está financiada a través do Ministerio de Igualdad (Secretaría General de Igualdad y contra la Violencia de Género) y el Pacto de Estado contra la Violencia de Género.

Back to top