Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

NOVAS AXUDAS APROBADAS POLAS ADMINISTRACIÓNS PARA AS PERSOAS AFECTADAS POLA CRISE DO COVID

Desde o departamento de Orientación Laboral informan á veciñanza das novas axudas aprobadas para as persoas afectadas a causa da crise sanitaria do COVID-19.

A Xunta de Galicia está poñendo en marcha novas iniciativas para apoiar ao tecido empresarial. O obxectivo é achegar liquidez ás empresas e facilitar a posta en marcha de novos produtos e equipos que contribúan a encontrar solucións innovadoras fronte ao COVID-19. Pode descargarse toda a información na seguinte ligazón:

DESCARGAR PDF Medidas económicas fronte ao COVID-19

Na páxina oficial do IGAPE poden consultarse todas as axudas vixentes:

IR Á LIGAZÓN Paxina web do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE)

Na seguinte ligazón pode descargarse información sobre a aprobación dos novos subsidios extraordinarios por falta de actividade para as empregadas de fogar e por finalización de contrato temporal:

IR Á LIGAZÓN O Goberno aproba novos subsidios extraordinarios por falta de actividade para as empregadas de fogar e por finalización de contrato temporal

Por outra banda, no Consello de Ministros aprobáronse tamén medidas de flexibilización para autónomos e empresas, que poderán solicitar o aprazamento das cotas que se deben pagar no mes de abril a un interese reducido do 0,5%, unha moratoria a empresas e autónomos de ata seis meses para o pago das obrigacións coa Seguridade Social, a modificación dos requisitos de acceso á prestación extraordinaria para traballadores por conta propia para adaptala aos profesionais do sector agrario e aos profesionais da cultura, así como a extensión da protección por incapacidade temporal para casos de situación excepcional de confinamento total como consecuencia do COVID-19.

Deuse tamén luz verde a medidas adicionais para os traballadores por conta allea e por conta propia que perciban subsidio por coidado de menores afectados por cancro ou outra enfermidade grave ata o 14 de marzo de 2020, e á reincorporación á vida profesional activa aos profesionais sanitarios retirados mediante a eliminación das incompatibilidades existentes no artigo 213 da Lei Xeral da Seguridade Social:

IR Á LIGAZÓN O Goberno flexibiliza os aprazamentos das cotas da Seguridade Social para empresas e autónomos

Back to top