Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO PON A DISPOSICIÓN DOS TRANSPORTISTAS E OUTRAS PERSOAS QUE OS POIDAN NECESITAR AS DUCHAS E ASEOS DA NAVE DE USOS MÚLTIPLES DO POLÍGONO

O alcalde de Ortigueira, Juan Penabad Muras, anunciou que o Concello pon a disposición dos transportistas ou de calquera persoa que pola situación excepcional que estamos a vivir o precise, as duchas e aseos da nave de usos múltiples do polígono industrial. Explicou que na propia zona de Ortigueira hai moitas persoas que pertenecen ao sector do transporte, pero que tamén poden ser de utilidade para quen estes días traslada mercancías de alimentación e outro tipo de produtos de primeira necesidade ou para xente que por outras circunstancias poida necesitar estes servicios, que contan con auga quente e son de fácil acceso. O Concello ocuparase da súa limpeza e hixienización con frecuencia para que estean dispoñibles en boas condición.

Back to top